CRTVG

Buscar

Galicia perde 8.426 habitantes e é a comunidade con peor saldo vexetativo

Publicado o 11/12/2019 14:51

Galicia rexistrou unha perda de 8.426 habitantes no primeiro semestre deste ano, o saldo vexetativo máis negativo do conxunto de comunidades autónomas, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No conxunto de España, o saldo vexetativo, que inclúe nacementos e defuncións, foi negativo de 45.404 persoas, con Galicia á cabeza, seguida de Castela e León, con 8.007 habitantes menos, e da Comunidade Valenciana, con 5.287.

Entre xaneiro e xuño houbo 7.695 nacementos en Galicia, un 7,4 % menos que no primeiro semestre do ano anterior.

Tamén se produciron 16.121 falecementos no primeiros seis meses deste ano, un 7,7 % menos que o primeiro semestre de 2018.

España rexistra a cifra de nacementos máis baixa desde 1941

Entre xaneiro e xuño deste ano en España só naceron 170.074 nenos, o que supón a cifra máis baixa rexistrada desde 1941, primeiro ano do que hai datos.

Segundo o INE, no primeiro semestre deste ano morreron 215.478 persoas, o que dá un saldo vexetativo negativo (diferenza entre nacementos e defuncións) de 45.404 persoas, unha cifra que consolida a caída iniciada en 2015.

En termos porcentuais, entre xaneiro e xuño, os nacementos reducíronse un 6,2 % en comparación co mesmo período de 2018 e, aínda que as defuncións tamén diminuíron, neste caso un 5,4 %, faleceron máis persoas das que naceron.

Entre xaneiro e xuño deste ano en España só naceron 170.074 nenos, o que supón a cifra máis baixa rexistrada desde 1941, primeiro ano do que hai datos.

Ademais, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), no primeiro semestre deste ano morreron 215.478 persoas, o que dá un saldo vexetativo negativo (diferenza entre nacementos e defuncións) de 45.404 persoas, unha cifra que consolida a caída iniciada en 2015.

En termos porcentuais, segundo as Estatísticas do Movemento Natural da Poboación (MNP), entre xaneiro e xuño, os nacementos reducíronse un 6,2 % en comparación co mesmo período de 2018 e, aínda que as defuncións tamén diminuíron, neste caso un 5,4 %, faleceron máis persoas das que naceron.