CRTVG

Buscar

España rexistra 10.143 novos casos de covid−19 e 137 mortes, coa incidencia estable

Publicado o 29/04/2021 19:03
España rexistra 10.143 novos casos de covid−19 e 137 mortes, coa incidencia estable

EFE

AXENCIAS

As comunidades autónomas notificaron este xoves ao Ministerio de Sanidade 10.143 novos casos de coronavirus, dos que 4.889 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 4.381 rexistrados o mércores. Iso eleva a 3.514.942 a cifra total de persoas contaxiadas de covid−19 desde o inicio da pandemia.

A incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días queda nos 230,07 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 230,27 notificados o mércores polo departamento dirixido por Carolina Darias. Este xoves notificáronse 137 falecidos máis, dos cales 277 se rexistraron na última semana. Isto fai que a cifra global de mortos por coronavirus se eleve ás 78.080 persoas.

Actualmente hai 9.787 pacientes ingresados por covid−19 en toda España e 2.320 nas UCI. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 7,78 por cento e nas UCI no 23,04 por cento.