CRTVG

Buscar

España renuncia polo de agora a pedir 70.000 millóns de euros en créditos á UE

Publicado o 19/10/2020 19:41

España dosificará a munición que Bruxelas puxo a disposición do Goberno para remontar a crise. Dos 140.000 millóns ofrecidos no consello europeo de xullo, o executivo só vai tocar, de momento, os 72.700 millóns que non hai que devolver.

Quere adiar así o momento de botar man dos outros 67.000 millóns que sí chegarían en forma de créditos e que, por tanto, engordarían aínda máis unha débeda pública sen precedentes.

A vicepresidenta económica, Nadia Calviño, di que a prioridade agora son as axudas: "A prioridade ten que ser executar os investimentos que se poden financiar con esas transferencias. Se fai falla máis, recurriremos aos créditos, pero para os créditos temos un período de 6 anos e por tanto podemos facer un plan en 2 fases, e iso é o que propuxemos".

Calviño explicou que, aínda que eses cartos non se van transferir de inmediato, o Goberno vainos adiantar do seu peto para incluilos xa nos presupostos de 2021.

Noticias web

19/10/2020