España recibiu en 2020 un 77 % menos de turistas internacionais
Publicado o 03/02/2021 15:26
O turismo ponlle cifras ao peor ano da historia do sector.
2019 comezou con 4,2 millóns de turistas, e a cifra foi medrando ata os 83 millóns e medio cos que pechou o ano. Unha curva que contrasta coa de 2020, que arrancou con cifras similares de visitantes pero se estancou coa declaración do estado de alarma ata rematar o ano con algo menos de 19 millóns de turistas. É un 77 por cento menos que en 2019.
Os efectos económicos da caída do turismo tamén se deixan notar noutros sectores vinculados. IFEMA, a institución feiral de Madrid, negocia un ERTE para os 400 traballadores do seu cadro de persoal pola falta de actividade.