CRTVG

Buscar

España recibirá 400.000 doses da vacina de Pfizer antes de abril

Publicado o 10/03/2021 17:21
España recibirá 400.000 doses da vacina de Pfizer antes de abril

E España recibirá algo máis de 400.000 doses da vacina Pfizer durante o que queda de mes de marzo. Estas vacinas extra son a parte que lle corresponde a España, tras o acordo acadado por Bruxelas co consorcio farmacéutico Pfizer-BioNTech. Ese acordo supón a subministración a Europa de catro millóns de doses adicionais. O pacto tamén establece que as vacinas chegarán á Unión Europea antes de abril, co fin de atallar o aumento de contaxios en diferentes rexións.

Noticias web

10/03/2021