CRTVG

Buscar

España recibirá máis de 4,5 millóns de doses da vacina de Pfizer en doce semanas

Publicado o 24/12/2020 08:51

• As primeiras 350.000 doses chegarán o sábado a Guadalaxara, dende onde comezará o domingo a distribución "equitativa" entre as comunidades autónomas 

• A Xunta iniciará a vacinación nunha residencia de Santiago

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou que España vai recibir "nas próximas doce semanas" ata 4.591.235 doses da vacina de Pfizer e BioNTech, que van permitir inmunizar a un total de 2.295.638 neste período.

Segundo avanzou en conferencia este mércores, tras o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde ( CISNS), as entregas por parte do Goberno ás comunidades autónomas serán "semanais" e a "principios de semana" cunha cantidade de 350.000 doses.

lla defendeu que as entregas serán "equitativas" en todas as comunidades autónomas "en relación aos grupos de risco" que se van a vacinar en primeiro termo, é dicir, o persoal e residentes de centros de maiores e de grandes dependentes. "O Goberno garante o acceso equitativo a todos os cidadáns españois", argumentou.

Segundo confirmou, a primeira entrega realizarase este sábado, de forma anticipada, e chegará a Guadalaxara. Alí ten un almacén que Pfizer desde onde "se vai a distribuír ao resto de provincias para que o domingo, á primeira hora da mañá, estea dispoñible en toda España". Ao recibir a primeira entrega, a primeira vacinación en España producirase nesta provincia castellanomanchega. "As outras entregas faranse en puntos regulares designados por cada comunidade", indicou, aínda que non concretou o número de dose que se inxectarán este domingo. 

Noticias web

24/12/2020