España recibe 4.100 millóns de euros máis do fondo da UE contra o paro
Publicado o 30/03/2021 21:19
Son concretamente 4.060 millóns de euros, que se suman aos case 14.000 millóns xa recibidos da Unión Europea para que España manteña o emprego das empresas paralizadas pola covid.
En total, 18.000 millóns de euros. E converten a España no segundo socio comunitario máis beneficiado por este fondo chamado SURE. Só Italia recibiu máis préstamos.
O tramo de axudas deste martes é semellante ao último que aínda lle queda a España por obter e que chegará antes do verán.
Estas axudas haberá que devolvérllelas ás arcas comunitarias. Pero xa permitiron a Facenda aforrar 1.000 millóns de euros en intereses grazas a uns tipos de xuro máis baratos que endebedarse nos mercados financeiros.