CRTVG

Buscar

España recibe 1.000 millóns máis da UE para sufragar os ERTE

Publicado o 02/02/2021 17:17
España recibe 1.000 millóns máis da UE para sufragar os ERTE

Bruxelas acaba de aprobar novas axudas para sufragar os ERTE. Son 1000 millóns de euros. Sería o terceiro desembolso que percibe España, onde hai máis de 700 mil traballadores en ERTE. Axudas que se suman aos máis de 20 mil millóns achegados por Europa e dos que o país xa consumiu máis da metade.

Quedan 10.000 millóns para facer fronte a esta terceira onda de contaxios e as que poidan vir antes de conseguir a inmunización. Só hai un país na Unión Europea que supera a España en gasto, que é Italia.

Noticias web

02/02/2021