CRTVG

Buscar

España queda fóra do Mundial de Rugby por aliñación indebida

Publicado o 16/05/2018 15:47

A Federación Mundial de Rugby exclúe a España do Mundial que se celebrará o ano que vén no Xapón. Os 'Leóns' quedan fóra por aliñación indebida, canda as seleccións de Romanía e Bélxica. Quen si estará no Mundial é Rusia, agora número 1 de Europa. Alemaña deberá ir á repesca.

O organismo mundial decidiu así mesmo que non se repetirá o partido entre Bélxica e España disputado en Bruxelas en marzo e que os españois denunciaran pola suposta parcialidade do árbitro. A Federación Española, que ofrecerá mañá unha conferencia de prensa, ten 14 días para recorrer.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018