España e Iván Villar quedan coa prata en fútbol logo de perder contra Brasil
Publicado o 07/08/2021 16:36
Malcom marcou o gol decisivo na prórroga (2-1)

A selección española de fútbol perdeu na prórroga fronte a Brasil e quedou sen o ouro nos Xogos Olímpicos.
Decidiu un gol de Malcom no tempo complementario, no minuto 108. Os brasileiros tomaran vantaxe no inicio da segunda parte cun tanto de Matheus Cunha pero no minuto 61 igualou Oyarzábal.
O porteiro do Celta, Iván Villar, estivo na convocatoria e leva tamén esta prata, aumentando a nómina de galegos medallistas nestes xogos.