CRTVG

Buscar

España prorroga ata o 19 xaneiro as limitacións de viaxes co Reino Unido

Publicado o 01/01/2021 20:41
España prorroga ata o 19 xaneiro as limitacións de viaxes co Reino Unido

Hoxe non temos datos novos de incidencia da covid en España. O que si é novo é que o Goberno español prorroga ata o 19 de xaneiro as limitacións de voos directos e buques de pasaxe procedentes do Reino Unido, con fin de combater a propagación da nova cepa de coronavirus detectada alí.

Inicialmente a prohibición era ata o cinco de xaneiro, pero amplíase 15 días máis. Si que poden aterrar en España os cidadáns españois ou andorranos que veñan do Reino Unido,.

Noticias web

01/01/2021