CRTVG

Buscar

España proclámase campioa de Europa de waterpolo feminino

Publicado o 25/01/2020 20:12

A selección española de waterpolo proclamouse campioa de Europa de waterpolo feminino. Gañoulle a Rusia 13-12 nun partido espectacular. Os dous primeiros cuartos foron un recital ofensivo de ámbolos dous equipos. Rematou con empate a 8. Na segunda metade Rusia colleitou unha máxima vantaxe de dous goles (8-10) pero nese intre España amosou o mellor do seu repertorio e cunha gran remontada foi quen de poñerse por diante e acadar o título.

É o segundo campionato europeo para a selección española feminina. Curiosamente o anterior, logrado no 2014, tamén fora na cidade húngara de Budapest

Noticias web

25/01/2020