CRTVG

Buscar

España pon en marcha unha operación para evacuar máis persoas de Afganistán

Publicado o 10/10/2021 11:45
España pon en marcha unha operación para evacuar máis persoas de Afganistán

O Goberno puxo en marcha unha nova operación para evacuar a España cidadáns afgáns que teñen vínculos co noso país, baixo a coordinación dos ministerios de Defensa e Exteriores e da que non se coñecen os detalles para preservar a seguridade.

Segundo confirmaron fontes coñecedoras da operación, agárdase que España evacúe unhas 200 persoas dende Paquistán, que poderían chegar a principios da próxima semana, se todo sae segundo o previsto.

Fontes do Ministerio de Defensa confirman que a operación xa está en marcha, como adiantou a Cadena Ser, mentres que Exteriores insiste en que non informan de procedementos en curso por motivos de seguridade.

Recentemente o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, viaxou a Paquistán e a Catar para transmitirlles ás súas autoridades o desexo de establecer vías para evacuar desde Cabul persoas afgás colaboradoras que non puideron saír do país na primeira fase de repatriación.

Catar e Paquistán son os estados que teñen unha maior relación política cos islamitas radicais. Na primeira operación levada a cabo por España no mes de agosto foron evacuadas un total de 2.206 persoas desde o aeroporto de Cabul á base de Torrejón de Ardoz (Madrid), onde se instalou un campamento provisional de acollida.

Noticias web

10/10/2021