CRTVG

Buscar

España podería optar a organizar a Eurocopa 2028 ou o Mundial 2030

Publicado o 13/09/2018 10:01

Xuntanza na Moncloa para propoñerlle ao presidente do Goberno, entre outras cousas, que España opte a organizar a Eurocopa de 2028 xunto con Portugal ou ben o Mundial de 2030. Gianni Infantino e Luis Rubiales pedíronlle a Sánchez o seu apoio para a organización destes eventos. Os dous últimos celebrados aquí foron a Eurocopa de 1964 e o Mundial do 82.

España acollerá algúns encontros da Eurocopa de 2020. San Mamés será unha das sedes do torneo, que percorrerá 12 países. Con respecto ao Mundial, España xa presentou unha candidatura conxunta con Portugal para organizar a Copa do Mundo de 2018, que finalmente levou Rusia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2018