CRTVG

Buscar

A selección española de fútbol mellora co seu xogo a decepción do mundial

Publicado o 12/09/2018 21:45

Seguramente na Moncloa se falou tamén do último resultado da selección na Liga das Nacións. Os de Luis Enrique golearon a Croacia, subcampioa do mundo. 6 goles dunha España que nada tivo que ver co amosado en Rusia hai uns meses. 

Tras sufrir as dúas primeiras ocasións de gol do partido, a calidade da España de Luis Enrique nos metros finais humillou a toda unha subcampioa do mundo. Dez días abóndaronlle ao novo seleccionador para arrinconar como un lonxano recordo o fracaso deportivo e de xestión do Mundial.
Unha presión moi alta, un xogo máis vertical, sen a eterna e inutil posesión do mundial, e a entrada aos espazos de homes rápidos deron un novo aire ao xogo español. O talento de Croacia no centro do campo, con Modric e Rakitic, quedou anulado. Todos os futbolistas utilizados nestes dous partidos da Liga das Nacións gañáronse a seguinte convocatoria.

A selección volverá xogar dentro dun mes. Primeiro un amigable contra o País de Gales e despois, de novo, contra Inglaterra, na Liga das Nacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018