CRTVG

Buscar

España pide parar a represión en Nicaragua

Publicado o 20/11/2019 19:52
España pide parar a represión en Nicaragua

O Ministerio de Asuntos Exteriores insta o Goberno nicaraguano a poñer fin á represión e restituír as liberdades. Coincidindo cun recruamento da violencia que causou xa 300 mortos, chama a consultas a embaixadora española para analizar as relacións bilaterais co executivo de Daniel Ortega.

A Organización de Estados Americanos estuda expulsar o país por alteración da orde constitucional e democrática. En 70 anos de historia a OEA, só adoptou esta medida en dúas ocasións, con Honduras, tras un golpe de estado, e con Cuba, ao triunfar a revolución.


 

Noticias web

20/11/2019