CRTVG

Buscar

España perde con Suecia e complícase a súa presenza no Mundial de Qatar

Publicado o 03/09/2021 13:20

• O céltico Brais Méndez debutou coa selección nun partido oficial

Dificilmente comprenderá Luis Enrqiue como lle puido escapar un partido que aos catro minutos xa ía gañando cunha fabulosa xogada colectiva que coroou Carlos Soler.

Sabía o seleccionador como ía xogar Suecia. Quizais non contaba coa febleza defensiva da súa seleccións. Uns segundos despois do gol de España empatou Suecia. Naceu dun erro. Pero é que a parella Isak-Kulusevski foi un tormento. Suecia: presión alta e transicións. Luis Enrique non atopou solucións.

Certo que hai un penalti a Ferrán que o árbitro non sinala. España tivo a pelota sen pegada, con centros perigosos pero sen gol. Suecia foi máis directa. Kulusevski marcha de Aizpilicueta e Claesson finaliza. Fútbol directo. O plan funcionáballe a Suecia e non a España.

Luis Enrique meteu a Adama Traoré. Explosivo, vertical, máis confuso no momento da finalización. Tamén tivo minutos Brais Méndez. Moito troco, poucas cousas mudaron. Faltou frescura no ataque. E as ocasións acabaron sendo fundamental de Suecia. Sempre ao contragolpe. Sempre con velocidade. Era o seu plan. Luis Enrique sabíao. A clasificación directa para o Mudial de Qatar complícase

Noticias web

03/09/2021