CRTVG

Buscar

España perde a final de waterpolo masculino nos penaltis

Publicado o 26/01/2020 20:55

A selección masculina de waterpolo proclamouse subcampioa de Europa tras perder a final do campionato ante Hungría. A España escapóuselle o ouro na quenda de penaltis, forzada por un tanto de Alberto Munárriz a minuto e medio do final. Terceira prata consecutiva dos españois, tras a conseguida o ano pasado no campionato do mundo e o subcampionato europeo de 2018.
 

Noticias web

26/01/2020