CRTVG

Buscar

España pasa a semifinais tras vencer a Suiza na quenda de penaltis (1-1)

Publicado o 02/07/2021 20:49

• Una Simón detivo dous penaltis e Oyarzabal asinou o billete a Londres

• A selección non foi quen de superar a Suiza na prórroga malia estar con dez

EFE/EPA/Anatoly Maltsev

 

A selección está en semifinais. O equipo español superou a Suíza na quenda de penaltis logo dun partido complicadísimo.Non foi a mellor versión do cadro de Luis Enrique pero está a un só chanzo da gran final da Eurocopa O técnico cambiou a parte esquerda da súa defensa, entraron Pau Torres e Alba e a sorte volveu sorrir. Jordi Alba marcou á saída dun córner. Iso si, con axuda. O lateral enganchou un remate dende a frontal que petou en Zakaria e despistou a Sommer. Ían 8 minutos de partido.
 

Na segunda metade, Suíza a base de presión e saques de esquina foi empurrando a unha España á que lle custaba facer o seu xogo. Non estrañou que chegara o gol helvético. A sorte desta volta preferíu cambiar de bando. Pau Torres e Unai Simón cruzáronse e deixaron o balón para Freuler que cede para que Shaquiri, o mellor dos suízos, fixera o empate.

No minuto 77 xogada importante. Freuler leva por diante a Gerard Moreno. Vermella directa. España xogaba a recta final do partido en superioridade. Pero non puido sacarlle rendemento. Sommer conxurou as escasas ocasións dos españois na prórroga. Non se moveu o tanteador e houbo que ir aos penaltis

E aí apareceu a figura de Unai Simón. O porteiro do Athlétic sinalado polo erro ante Croacia foi o responsable da cualificación para semifinais. Parou dúas penas máximas dos suízos. Oyarzábal marcou o último e pon a España nas semifinais. En Wembley xogará contra o gañador do Bélxica Italia.

Noticias web

02/07/2021