CRTVG

Buscar

España non se plantea recoñecer o réxime talibán "imposto pola forza"

Publicado o 30/08/2021 14:53

Foi a primeira comparecencia do ministro de Exteriores no Congreso. Concentrou temas, coa crise afgá como destacada. Defendeu a xestión española e dixo que a consigna do Goberno segue sendo a mesma: non deixar a ningúen atrás. Cre que España se converteu en exemplo de solidariedade e descartou que o Goberno vaia recoñecer o réxime talibán.

Di que unicamente poden pretender contactos operativos para seguir sacando xente. A oposición criticou a ausencia do presidente do Goberno e a falta de comunicación. Podemos pediu cambios na política exterior.

A ministra de Defensa destacou o protagonismo dos militares na evacuación de Cabul, preguntada sobre as pégas de Podemos para recoñecer o papel do Exército.

Noticias web

30/08/2021