España non pasa do empate 0-0 ante Exipto na súa estrea nos xogos de Tokyo
Publicado o 22/07/2021 11:27

Os exipcios meteron xente coma area por diante da portería e prenderon os pés de España. Poucas oportunidades de gol: balón ao pau que fai tremelicar a portería árabe. Ceballos dispara forte e guiado ata a cepa do poste.
O árbitro xordano perdonou ao exipcio Taher a vermella por lesionar a Ceballos e vendo as trazas do partido o seleccionador dálle unha volta ao once na segunda parte. Entra Rafa Mir para ter unha referencia máis clara arriba. Mellora España e Mir dá unha cabezada, a centro de Miranda, que nada arranxou.