CRTVG

Buscar

España nega que fose axudar a saír asilados bolivianos da embaixada de México na Paz

Publicado o 28/12/2019 20:55

Exteriores enviará nos próximos días unha misión a Bolivia para investigar que pasou na visita da encargada de Negocios de España á embaixada de México na Paz, que motivou un incidente coa policía e unha crise diplomática co goberno interino de Bolivia.
España adianta que foi exclusivamente unha visita de cortesía e nega que pretendese facilitar a saída de asilados alí.

O goberno boliviano, que tamén abriu unha investigación, acusa a España de atropelar a súa soberanía. A ministra de Exteriores de Bolivia xustificou co mesmo argumento que a policía impedise o paso dos coches que ían recoller a delegación española ao remate da visita.

O PP e Vox piden explicacións no Congreso por parte do goberno, que anunciou que a responsable de Exteriores en funcións, Margarita Robles, comparecerá cando acabe a investigación.
O sucedido ocorre en medio da tensión entre Bolivia e México, desde que o país norteamericano acolleu a Evo Morales e deu refuxio na súa embaixada a varios membros do seu goberno.

Noticias web

28/12/2019