CRTVG

Buscar

España mantén a repatriación de menores desde Ceuta a Marrocos

Publicado o 14/08/2021 14:04

A policía segue adiante coa devolución a Marrocos dos menores que entraron irregularmente en Ceuta o pasado mes de maio. O ministerio de Interior quere devolver polo menos a 150 dos case oitocentos nenos e rapaces non acompañados, que entraron en Ceuta trala hospitalización en España do máximo dirixente da Fronte Polisario.

Tanto o defensor do Pobo, coma o ministerio de dereitos sociais e varias organizacións humanitarias esíxenlle ó ministro do Interior que paralice as devolucións, realizadas sen os preceptivos informes individuais da fiscalía de menores. Polo menos quince rapaces xa foron devoltos a Marrocos.

Noticias web

14/08/2021