CRTVG

Buscar

España logra por sexta vez a Copa Davis

Publicado o 24/11/2019 21:20
España logra por sexta vez a Copa Davis

A vitoria de Rafael Nadal sobre Denis Shapovalov por 6-3 e 7-6(7) en algo menos de dúas horas outorgoulle o triunfo a España na Copa Davis ante O Canadá, o sexto título do seu palmarés.

As anteriores vitorias foron no 2000 (a Australia en Barcelona), 2004 (aos Estados Unidos en Sevilla), 2008 (á Arxentina en Mar del Plata), 2009 (á República Checa en Barcelona) e 2011 (á Arxentina en Sevilla). 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí