CRTVG

Buscar

España logra dobrar a cota do peixe sapo no Gran Sol

Publicado o 25/08/2020 18:48

Boa nova para o porto da Coruña, e para os de Vigo e Marín, onde se descarga a maior parte do peixe sapo que pescan os barcos galegos no Gran Sol. En total, a frota española poderá pescar 727 toneladas de peixe sapo máis, grazas a novos intercambios de cotas con Francia, Bélxica e os Países Baixos.

A negociación con eses mesmos países xa permitira conseguir máis de 750 toneladas adicionais a principios de ano, así que, finalmente, España poderá pescar máis de 3.000 toneladas de peixe sapo neste 2020, máis do dobre do previsto inicialmente. Estes acordos beneficiarán especialmente a Galicia, e tamén a Asturias, Cantabria e o País Vasco.