España lidera o aumento do consumo de alcol, doces e aperitivos en Europa durante o confinamento
Fomos os europeos que máis gastamos en viños, chocolates, froitos secos e outros aperitivos salgados. Pasar máis tempo na casa fixo que os españois pensásemos máis en nós mesmos e decídisemos darnos pequenos, e grandes, caprichos gastronómicos.
Fíxense, en España o aumeno do consumo destes produtos durante a cuarentena foi do 21%, case o dobre que a media europea que se sitúa no 12%
Que a pandemia mudou os nosos hábitos é un feito. Un estudo dunha importante consultora vén de confirmar que durante a corentena gastamos máis en comida.
Estar na casa fixo que cociñasemos máis e nos désemos máis caprichos.En concreto os españois fomos os europeos que mercamos máis alcol, máis doces e outros aperitivos.
O gasto medrou en Europa en máis de 2.000 millóns de euros durante as semanas de confinamiento. E España sitúase á cabeza dese incremento. O consumo aumentou de media nos países europeos nun 12% e en España o incremento foi moi superior, chegou ao 21%.