CRTVG

Buscar

España, Italia, Grecia e Malta reclaman máis solidariedade da UE ante a inmigración

Publicado o 25/11/2020 19:29

A carta asínana Pedro Sánchez e os primeiros ministros italiano, grego e maltés. Vai dirixida aos presidentes da Comisión e do Consello europeos e a Angela Merkel como chanceler do país que preside a Unión este semestre. Nela, pídenlle aos 27 máis solidariedade ante a entrada ilegal de inmigrantes. Están desconformes co pacto proposto desde Bruxelas que, ao seu entender, consagra o modelo dos grandes centros de detención nas fronteiras exteriores e limita a entrada no continente ás persoas con dereito a asilo.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno, explica que "lle demos a benvida ambos os dous gobernos a esa comunicación da Comisión pero considerámola insuficiente. Cuestións como a solidariedade, non só a responsabilidade, teñen que estar moito máis claros do que inicialmente propuxo a Comisión".

Guisseppe Conte bota en falla mecanismos de distribución dos inmigrantes permanentes, en vez, como agora, dos repartos voluntarios en casos puntuais. A inmigración copou o encontro de Palma de Mallorca entre 19 ministros dos dous gobernos, primeira cita bilateral hispano-italiana desde 2014.

Noticias web

25/11/2020