CRTVG

Buscar

España impón unha PCR negativa aos viaxeiros que cheguen desde Francia por estrada

Publicado o 30/03/2021 13:07

España esixe desde hoxe mesmo unha PCR negativa realizada con 72 horas de antelación a todos os viaxeiros que cheguen tamén por estrada desde Francia.

Quedan exceptuados desta medida os profesionais do transporte por estrada no exercicio da súa actividade profesional, os traballadores transfronteirizos e os residentes en zonas fronteirizas nun radio de 30 quilómetros arredor do seu lugar de residencia.

Francia xa aplica a mesma medida desde o 31 de xaneiro para todos os viaxeiros que entren no seu territorio desde outros puntos da Unión Europea.

Noticias web

30/03/2021