CRTVG

Buscar

España golea 7-0 a Malta no penúltimo partido de clasificación para a Eurocopa

Publicado o 16/11/2019 13:26

"Encantados de ter estes grandes mozos, porque son novos malia que para o fútbol parezan maiores, do noso lado e dando o rendemento que están dando. E en especial, e xa o dixen no seu momento, o de Santi, tras todo o que lle tocou vivir, parece que eses dous anos tenllos que devolver o fútbol", sinalou Robert Moreno.

Porque Cazorla foi titular ante Malta. Robert Moreno volveu mesturar xogadores veteranos, por riba dos 30 anos, coas novas promesas do fútbol español. Á selección custoulle rachar a defensa maltesa, acadouno Morata no 22, o atlético marcou por sétimo partido consecutivo. E Cazorla fixo o segundo no 40, a piques de chegar ao descanso. Volveu marcar con España máis de catro anos despois. Co paso dos minutos, foron aparecendo espazos na transición e a selección aproveitouno para golear. Pau Torres, que levaba un minuto no campo, fixo o 3-0 no 61. No 62 marcou Sarabia, convocado a última hora polas lesións de Rodrigo Moreno e Adama Traoré. Dani Olmo, que se estreaba coa absoluta, puxo o quinto no 68. Gerard Moreno, que dera tres asistencias, asinou o sexto. E Jesús Navas, o sétimo no 84. No famoso España Malta de 1983, John Bonello apañara 12, onte o seu fillo Henry sete. O luns, ante Romanía, remata a fase de grupos.

"Leveino bastante ben, creo. Durmo polas noites, que é algo complicado...", recoñeceu o seleccionador español.

Non durmiu tan ben o seleccionador de Malta. Levou sete goles apañados e unha fenda na testa.
 

Noticias web

16/11/2019