CRTVG

Buscar

España golea 4-0 ante unha Xeorxia moi inferior

Publicado o 06/09/2021 16:27

O céltico Brais Méndez xogou quince minutos na goleada por 4-0 de España ante Xeorxia. Partido resolto en corenta e cinco minutos.

Gayá abriu o marcador coa colaboración dun defensa. España abusou de Xeorxia. Neste período as aparicións de Marcos Llorente foron un pesadelo para o rival de España.

Carlos Soler logrou o segundo tanto. Vaia temporada leva Soler: cinco partidos oficiais e cinco goles.
Noutra internada de Marcos Llorente quen aproveita a acción do xogador do Atlético de Madrid é Ferrán Torres, que xorde na posición de dianteiro centro que neste encontro ocupou Abel Ruiz, o xogador do Braga.

Con tres cero, todo estaba decidido. Á volta do descanso contragolpe de España, participa Sarabia no inicio da xogada e na definición. Gol de Sarabia que esta temporada milita no Benfica. O mércores España acode a Kosovo. Ten que gañar e agardar o tropezo de Suecia con Grecia.

Noticias web

06/09/2021