CRTVG

Buscar

España gáñalle 3-0 a Suecia e achégase á Eurocopa

Publicado o 10/06/2019 22:47
España gáñalle 3-0 a Suecia e achégase á Eurocopa

Un par de goles de penalti obra de Sergio Ramos e Álvaro Morata, e un tanto de Mikel Oyazabal, déronlle a vitoria a España sobre Suecia (3-0) e achegárona á próxima Eurocopa, que se disputará en 2020.

Os goles da selección española chegaron na segunda parte. Despois do empate sen goles dos primeiros 45 minutos, as dianas de Ramos, Morata e Oyarzabal nos minutos 64, 84 e 87, respectivamente, deron tres puntos moi importantes a España.

Con esta vitoria, o equipo de Luís Enrique lidera o grupo F con pleno de puntos. Suma doce en catro partidos, cinco máis que Suecia, segunda clasificada empatada con Romanía a sete puntos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019