CRTVG

Buscar

España gaña dun xeito agónico a Alemaña na estrea do balonmán (28-27)

Publicado o 24/07/2021 10:46
España gaña dun xeito agónico a Alemaña na estrea do balonmán (28-27)

A selección española conseguiu o triunfo diante de Alemaña dun xeito agónico (28-27), resultado fundamental para meterse do mellor xeito nos cuartos de final. 

O porteiro cangués Rodrigo Corrales non tivo minutos. Na habitual liña de rotacións do adestrador Jordi Ribera este primeiro encontro tocoulle a Rodrigo Pérez de Vargas, fundamental no primeiro tempo para manter a España no partido (12-13). 

O segundo tempo tamén foi de máxima igualdade con diferenzas que nunca se foron máis aló dos dous goles. Alemaña entrou en vantaxe nos últimos dous minutos (26-27) pero dous tantos de Alex Dujshevaev a a gran defensa permitíronlle colleitar o primeiro triunfo.