CRTVG

Buscar

España gaña con claridade a Hungría e xogará nos cuartos do Mundial contra Noruega

Publicado o 25/01/2021 19:34

A selección española impúxose con claridade e facilidade a Hungría (36-28) e remata a fase de clasificación como primeira de grupo. Enfrontarase a Noruega nos cuartos de final. 

Hungría reservou boa parte dos seus titulares, entre outros o vigués nacionalizado Pedro Rodríguez que non puido atoparse co cangués Rodrigo Corrales. A Corrales tocoulle agardar no banco porque un dos grandes artífices do triunfo español foi o outro porteiro, Pérez de Vargas, nomeado mellor xogador do partido.