CRTVG

Buscar

España estréase no Eurobasket ante Ucraína

Publicado o 26/06/2019 19:59

A selección española abrirá mañá a súa participación no Eurobasket de Riga. Farao fronte a Ucraína. Estrea esixente na fase de grupos para España, que defende o título europeo. Ucraína é, segundo o seleccionador Lucas Mondelo, un dos "grupos tapados" do torneo, que tamén dá a clasificación para os Xogos de Tokio.

A capitá, Laia Palau sinala: "Sabemos o que temos que facer, o plan do campionato máis ou menos xa está debuxado tamén e agardemos que a estrea nos favoreza".

O seleccionador detecta no seu equipo moitas ganas de que empece o torneo: "A xente quere competir xa e teremos que ir axustando cousas durante o campionato. Volver empezar porque hai días que non xogamos partidos e iso nótase e dentro do campionato gañar, á parte de nos ir axustando temos que facer ese equilibrio".

Noticias web

26/06/2019