CRTVG

Buscar

España estréase contra EUA no mundial júnior, na tvG2

Publicado o 15/07/2019 21:25

Pontevedra e Vigo acollen desde mañá o Mundial Júnior de Balonmán. Trinta anos despois, o mundial júnior volve a Galicia. A selección española parte como unha das favoritas xunto con Francia e Alemaña. Todos os partidos de España poderanos seguir en directo pola tvG2. O primeiro, mañá ás 9 da noite, España - Estados Unidos. 

"Estreámonos contra os EUA. Mantendo o respecto que hai que ter a calquera rival, é un equipo inferior a nós. Conseguimos algúns partidos que xogaron recentemente e son un equipo inferior a nós. Evidentemente, xa temos moitas ganas. Fixemos un adestramento pola mañá e vese aos rapaces con fame, xa se ule o sangue", sinala Isidoro Martínez, seleccionador español. 

Despois do partidos cos americanos veñen Serbia, o xoves, e O Xapón, o venres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/07/2019