España esixiralles unha PCR negativa aos que cheguen desde Francia por estrada

Unha orde que publica este sábado o BOE establece que se lles impón unha proba diagnóstica de infección activa para SARS-CoV-2 con resultado negativo, realizada nas 72 horas previas á chegada a España para os viaxeiros procedentes de Francia tamén por vía terrestre.
A nova norma exceptúa os transportistas, os traballadores transfronteirizos e os residentes en zonas fronteirizas nun radio de 30 quilómetros.
Súmase á que establecía que os cidadáns procedentes de Francia que viaxaran por vía aérea ou marítima tiñan que presentar unha proba negativa, polo que desde este momento todos os viaxeiros de Francia, entren por onde entren, están obrigados a presentar esta PCR negativa para entrar a España.
É obrigatoria para todas as persoas maiores de 6 anos, procedentes de zonas de risco de Francia.