CRTVG

Buscar

España encaixa ante Alemaña (1-0) a súa primeira derrota no Mundial

Publicado o 12/06/2019 20:06
España encaixa ante Alemaña (1-0) a súa primeira derrota no Mundial

A selección española feminina de fútbol encaixou este mércores a súa primeira derrota no Mundial de Francia 2019, ao perder fronte á de Alemaña no estadio Hainaut de Valenciennes.

O equipo de Jorge Vilda, que debutou no torneo cunha traballada vitoria por 3-1 ante Suráfrica, non puido esta vez coa poderosa Alemaña, que se impuxo cun gol de Sara Däbritz no minuto 42 ao aproveitar unha falta de entendemento entre a defensa Marta Torrejón e a porteira Sandra Paños. España xoga o luns que vén en Le Havre fronte á China ás 18.00.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019