CRTVG

Buscar

España supera a Italia e convértese no país máis saudable do mundo

Publicado o 26/02/2019 17:01

Para alongar a vida, España. A publicación económica Bloomberg analizou 169 lugares e conclúe que España ten a esperanza de vida máis elevada do mundo. Vivir máis podería ser, por si mesmo, un bo motivo para elixir residir en España, pero é que, ademais, o estudo asegura que é o país máis saudable do mundo. Parte do segredo está no prato, na cociña.

A dieta Mediterránea alonga e mellora a vida. O aceite de oliva, o xamón. Poucas graxas e hábitos saudables, xunto co acceso universal ao sistema de saúde público, levan a España a superar a Italia por vez primeira e a converterse, para a publicación Bloomberg, no lugar máis saudable do mundo. Seis deses dez lugares máis sans están en Europa. Italia, Islandia, Suíza, Suecia ou Noruega ocupan as primeiras posicións. Na parte baixa da táboa, na análise de Bloomberg, que contou cunha mostra duns trescentos mil cidadáns, estarían os países de África.

Noticias web

26/02/2019