España empata con Polonia no segundo partido da Eurocopa
Publicado o 19/06/2021 22:53
Morata marcou o gol da selección española no minuto 25 do primeiro tempo. Lewandowski empatou na segunda metade. Xusto despois, Gerard Moreno, titular hoxe xunto a Morata, mandou un penalti ao pau e Morata fallou no rexeitamento.
A selección española queda no terceiro posto do seu grupo con dous puntos.