España elabora rutas seguras para recibir turistas dende mediados de xuño
España podería comezar a recibir turistas europeos a partir de mediados de xuño. O Goberno traballa na posta en marcha de corredores seguros que permita a chegada de viaxeiros a algunhas comunidades, como as illas Canarias e as Baleares.
Trátaríase dun paso previo a abrir as fronteiras internacionais a partir do un de xullo. Os primeiros europeos en pisar as praias das Illas Canarias e as Baleares serán os alemáns e os nórdicos.
Trátase dun primeiro paso, previo á apertura das fronteiras ao turismo internacional prevista en España para o un de xullo. Portugal e Italia abrirán en xuño.
En canto ao turismo interior, o Ministerio elabora un plan de reactivación que dará a coñecer nuns días. Traballa coa confianza de que a finais de xuño haxa mobilidade interprovincial.