CRTVG

Buscar

España e Portugal crearán un grupo de traballo sobre a PAC

Publicado o 05/11/2020 21:35

España e Portugal crearán un grupo de traballo para defender os obxectivos da PAC en Bruxelas. A visión é reducir o que chaman efecto fronteira.

Xa son moitos anos de mercado común e a eliminación de aranceis, pero aínda existe a barreira psicolóxica que impide que portugueses e españois profundicen nos obxectivos comúns en materia de agricultura.

Os ministros do ramo dos dous países decidiron nunha xuntanza unir forzas para elaborar plans estratéxicos ante a situación dos mercados agrarios con respecto á pandemia e o brexit, e máis aínda ante a vindeira presidencia de Portugal no Consello da Unión Europea.

No grupo de traballo que acordaron crear centraranse sobre todo en reforzar a colaboración en sanidade animal e vexetal, algo que xa se adiantara no cumio hispanoluso celebrado hai un mes aquí en Portugal.

Noticias web

05/11/2020