CRTVG

Buscar

Os rescatados do Open Arms agardan destino en Lampedusa

Publicado o 21/08/2019 20:40

Despois de 3 semanas de penurias, os 83 últimos ocupantes do Open Arms pasaron o seu primeiro día en terra. Están no Centro de atención de Lampedusa á espera de que a xustiza decida sobre o seu estatus. Cinco países europeos pactaron o seu realoxo, entre eles España Poderían viaxar no Audaz, o buque da Armada que continúa rumbo a illa italiana.

Margarita Robles, ministra de Defensa, dixo que  "España comprometérase xa a acoller un número deses migrantes. España é un país serio, que cumpre coas súas obrigas. Ese compromiso ímolo asumir."

O buque viaxa cara Sicilia, onde quedará temporalmente incautado. Open Arms explicou que non hai ningún proceso penal contra eles, e que o barco será unha proba na investigación contra as autoridades italianas que lle impediron o atraque. PP e Ciudadanos reclamaron a comparecencia de Pedro Sánchez no Congreso para explicar a xestión de crises como esta.

Pablo Casado, presidente do PP, denuncia "uns bandazos que son a peor mensaxe para as mafias, que van aproveitar estas crises humanitarias para seguir explotando ao elo máis fraxil deste drama, que son as vítimas explotadas que se embarcan en embarcacións ás veces directos á morte"

A vicepresidenta do Goberno lembrou que Open Arms non ten permiso para facer rescates, o que podería derivar en sancións en España. Tras oila, o director da ONG ironizaba sobre o parecido entre as súas palabras e as de Salvini. VOX denunciará á ONG pola súa presunta colaboración cos traficantes de persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí