CRTVG

Buscar

España é o sétimo país con menos vítimas mortais en accidentes de tráfico na UE

Publicado o 04/04/2019 19:29

 O ano pasado morreron 25.000 persoas en accidentes de tráfico na Unión Europea, a metade delas ciclistas, motoristas e peóns. España foi o séptimo país con menos mortes nas estradas. As mellores cifras son as do Reino Unido e as peores as de Rumanía. O factor humano está detras dunha parte importante dos accidentes de tráfico mortais que se producen nas estradas e ruas europeas. Destacan os despistes a causa do móbil, a inxesta de alcol e drogas e non usar o cinto de seguridade nos asentos traseiros.


 

Noticias web

04/04/2019