CRTVG

Buscar

España é o segundo país do mundo en incremento anual do turismo de compras

Publicado o 01/03/2018 21:33

O turismo de compras avanza como unha das mellores tendencias para conseguir que os turistas pasen máis tempo e gasten máis nos países que visitan. E aínda que España non lidera ese tipo de turismo en Europa, no último ano, foi o segundo país de todo o mundo onde máis aumentaron eses ingresos. 

O país que máis aumentou os seus ingresos, por vendas tax free libres de impostos a turistas, é O Xapón, cun incremento de ata o 48, pero ségueo inmediatamente, cun 26 por cento, España, no segundo posto, como mercado onde máis se incrementaron, en 2017 con respecto a 2016, as compras feitas por turistas estranxeiros no país. Tamén segundo o informe 'Perspectiva global do turismo de compras', os que máis nos mercan son os estadounidense, cun 5 por cento do total,  e rusos cun 8 por cento, igual que os arxentinos. Pero os que máis, o 31 por cento, os chineses.

Prevese que a España a favoreza, con respecto a outros países europeos, a posta en marcha, en 2019, da validación dixital, que será obrigada, na devolución directa do IVE aos estranxeiros que o pagaron nos produtos mercado en España. Parte do sector chama tamén a que se reduza a cantidade mínima de compra, 90,15 euros, dende a que se fan esas devolucións, así como recortar os prazos de concesion de visados a turistas para España. E é España malia bater marcas de chegada de turistas e de aumento de compras destes en 2017, segue moi por detrás en facturación por turismo de compras de países como O Reino Unido, Italia, ou especialmente Francia e sobre todo Alemaña que  segue tendo un volume o 40 por cento superior a España.

O turismo de compras como un motor máis cara á desestacionalización e á ampliación de días en que os turistas estranxeiros chegan a Galicia e a España.

Noticias web

01/03/2018