España e o Reino Unido chegan a un principio de acordo sobre Xibraltar coa eliminación da reixa
España e o Reino Unido chegan a un principio de acordo sobre o futuro de Xibraltar, dentro das negociacións sobre o brexit. O pacto pechouse poucas horas antes de que rematase o prazo, esta medianoite. E permitirá a eliminación da reixa, segundo confirmou a ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya.
Laya anunciou este xoves un principio de acordo con Reino Unido que permite a aplicación de Xibraltar de políticas e programas da Unión Europea como o acordo de Schengen ou un réxime aduaneiro en materia de tráfico de mercancías e transporte.
En conferencia de prensa na Moncloa para informar sobre o estado das negociacións con Reino Unido sobre Xibraltar, a ministra sinalou que neste comezo de acordo incorpóranse tamén medidas de competencia leal no fiscal, medioambiental e social.
"Derrubaremos barreiras para construír unha zona de prosperidade compartida", sinalou González Laya.
Co principio de acordo subliñou que se "aplica Schengen sobre Xibraltar con España como responsable".
O presidente da Mancomunidade do Campo de Xibraltar, Juan Lozano, di que "a verdade é que é un día de moita satisfacción. De moita satisfacción porque é o día que imos lembrar todos. Este 31 de dcecembro de 2020 como o día en que os gobernos de España, do Reino Unido e de Xibraltar acordaron que definitivamente desaparecese esa verxa física que facía que as relacións entra ambas comunidades fose máis complicada do que desexabamos todos. Polo tanto, é un día histórico igual que o 9 de novembro de 1989 cando caeu o muro de Berlín".
Desde a súa conta de Twitter, o primeiro ministro británico daballe a benvida ao acordo sen reservas. Con todo, Boris Johson advirte que van seguir comprometidos coa protección dos intereses de Xibraltar e coa súa soberanía británica.
I wholeheartedly welcome today’s political agreement between the UK and Spain on Gibraltar’s future relationship with the EU. The UK has always been, and will remain, totally committed to the protection of the interests of Gibraltar and its British sovereignty
— Boris Johnson (@BorisJohnson) December 31, 2020