CRTVG

Buscar

España é o país de Europa que máis cre as noticias falsas sobre alimentación

Publicado o 17/05/2019 15:30

España é o país europeo que máis cre as noticias falsas sobre alimentación quer circulan polas redes sociais, segundo alertan desde o Congreso de Médico de Familia que se celebra en Santiago. Os expertos insisten en que os alimentos milagre non existen e en que hai que comer de todo.

Nin a quinoa é milagrosa, nin o ovo aumenta o colesterol, nin os leites de soia ou outros vexetais son mellores que o de vaca. O trinta por cento das noticias sobre alimentación que circulan polas redes socias son falsas, segundo expertos que participan no congreso estatal de medicina de familia. En España, a situación é especialmente alarmante.

"Somos o país europeo que máis está crendo estas noticias, e o quinto a nivel mundial. Case o 57% da poboación cremos o que nos din nas redes sociais",  di Guadalupe Blay Cortes,  médico participante no congreso de Santiago. 

A falta de formación e a crise económica, segundo a doutora Blay, son dous dos principais factores que levan a crer que determinados alimentos curan o cancro ou evitan doenzas cardiovasculares cando, en ocasións, están interactuando de xeito negativo cos tratamentos médicos.

"Estase dando moita prevalencia e relevancia a todos os alimentos aos que lles dan poderes sobrenaturais. Os superalimentos non existen. Detrás disto hai empresas moi potentes que elevaron grazas a estes, entrecomiñas, superalimentos, a súa facturación en máis de 80 millóns de euros", engade a doutora Blay.

Os médicos alertan de que deixar de tomar glute ou lactosa sen ser intolerante pode provocar problemas na saúde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019