CRTVG

Buscar

España e Italia únense para evitar recortes no Fondo de Recuperación

Publicado o 17/07/2020 19:35

Os líderes dos 27 volven compartir salón por primeira vez desde a pandemia nun cumio transcendental, o que o francés Emmanuel Macrón chamou o momento da verdade. Sobre a mesa está o presuposto comunitario para os vindeiros sete anos e o Fondo de Recuperación da COVID, 750.000 millóns de euros que España quere que sexan a fondo perdido.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno, cre que "estamos obrigados a chegar a un acordo. Ese acordo ten que prantexar un fondo de recuperación que transforme as nosas economías en economías máis resilientes, verdes, dixitais"

Ten en fronte aos chamados "frugais", encabezados por Holanda. Eles prefiren créditos reembolsables e a cambio de aplicar reformas, como insistia o holandés Mark Rutte. Como baza para vencer estas reticencias, o presidente do Consello aposta por concesións no presuposto comunitario para os vindeiros 7 anos, que se negocia en paralelo.

España pelexa porque as axudas pola COVID non conleven recortes nas partidas para a agricultura ou a cohesión. Non pode haber máis en xogo, subliñana a presidenta da Comisión. E unha pesimista Angela Merkel admitía que as diferenzas son moi grandes e o risco de levantarse sen acordo, moi posible. A priori o cumio durará dous días, aínda que non se desbota outro encontro este mesmo mes ou a finais de agosto.

Noticias web

17/07/2020