CRTVG

Buscar

España duplica a cota da sardiña

Publicado o 19/06/2020 21:19
España duplica a cota da sardiña

E ás portas do San Xoán chegan boas noticias para a frota galega. O Ministerio de Pesca aumenta a cota da sardiña para 2020. España e Portugal comunicáronlle xa á Comisión Europea que este ano ambos países van capturar máis de 19.000 toneladas. 6.400 serán para os barcos españois. É o dobre do que se prevía ao comezo da costeira.

As avaliacións científicas amosan unha recuperación das pobacións de sardiña e tamén de bocarte e xurelo. O aumento vai beneficiar os barcos do cerco do Cantábrico e noroeste, do Golfo de Cádiz e as frotas artesanais.

Noticias web

19/06/2020