CRTVG

Buscar

España derrota 2-1 a Noruega con moreas de ocasións desperdiciada

Publicado o 24/03/2019 15:01

A España de Luis Enrique segue buscando o seu estilo. Ante Noruega viuse un equipo agresivo, que presiona arriba e que quere entrar polas bandas. Unha gran combinación entre Asensio e Jordi Alba rematou no gol de Rodrigo. O dianteiro do Valencia leva cinco goles en 16 partidos con España, está a recuperar a puntería, agora éntralle moito do que fallaba ao comezo da temporada. Aínda que segue a errar ocasións claras. Porque a falta de gol, a falta de acerto cara á porta lastra a España.
Porén, Noruega non é un equipo punteiro. Para exemplo, esta oportunidade que Elyounoussi rematou cara a fóra, semella máis un despexe ca un disparo a porta.
En España pinta ben a conexión Jordi Alba-Marco Asensio pola esquerda. Funciounou no primeiro gol e tamén nesta xogada. Minuto 40, marca Alba, anulado por fóra de xogo pero os dous xogadores semellan entenderse.
España cansouse de fallar oportunidades e Noruega meteu medo. No minuto 64, o colexiado sinalou penalti por este agarrón de Íñigo Martínez a Johnsen. Transformou King.
E dende os once metros marcou tamén España. O porteiro noruegués Jarstein levou por diante a Morata. Marcou, ao estilo Panenka, Sergio Ramos. Quinto gol consecutivo con España, o máximo goleador da era Luis Enrique, o que demostra que hai que mellorar en ataque. Buscando iso, gol, Luis Enrique fixo debutar a Mata e a Canales e Jesús Navas volveu xogar coa selección cinco anos despois. O camiño cara a Eurocopa comeza con triunfo... e con moreas de ocasións desperdiciadas.
 

Noticias web

24/03/2019