CRTVG

Buscar

España defende revisar as normas fiscais europeas antes de reactivalas

Publicado o 10/09/2021 14:53

O Eurogrupo reúnese en Eslovenia para facer balance da situación económica e das medidas de resposta á covid. E aínda que non está na orde do día, un dos temas centrais deste encontro será o debate sobre as normas de control do déficit e a débeda, que quedaron conxeladas pola covid. Co inicio da recuperación económica, volven as diferenzas entre países: España, xunto con Francia, Italia e Portugal, avoga por relaxar as regras para non asfixiar a economía, mentres que Austria, Países Baixos e Suecia piden volver canto antes aos axustes.

Nadia Calviño, vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos: "Vimos defendendo a necesidade de revisar as regras fiscais, de abordar esta reforma antes de que saiamos desta situación excepcional provocada pola resposta á pandemia. Defendemos unhas simplificación das normas e adecualas á realidade que estamos vivindo".

 

Noticias web

10/09/2021